Aslı Erdoğan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, 'Peridis' e Jorge Ramos, candidatos ao XIII Premio Couso
Seis candidaturas, catro homes e dúas mulleres, concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. As propostas desta XIII Edición son Aslı Erdoğan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, José María Pérez González 'Peridis' e Jorge Ramos.