Érika Reija: "A pesar dos desencantos, sigo a pensar que esta é a profesión máis fermosa do mundo"
Érika Reija, xornalista da Televisión Española, recibiu esta mañá no Centro Torrente Ballester de Ferrol o XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. A comunicadora luguesa manifestou o seu desexo de regresar "a unha Rusia máis libre" e dedicou o galardón aos xornalistas independentes dese país e aos informadores mortos, "especialmente na guerra de Ucraína".