A familia Couso reúnese co ministro de Xustiza, López Aguilar
A familia de José Couso, o cámara de Telecinco asasinado en Bagdade en abril de 2003, reúnese este luns co ministro de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, para lle reclamar o "firme cumprimento" dos convenios bilaterais de cooperación xudicial vixentes entre España e Estados Unidos.